España
Estos foros están cerrados. Podéis debatir en Red Liberal.
A tocawebs
Enviado por el día 17 de Enero de 2006 a las 20:15
O CRISTO DA LIBERTADE
Iste é o Cristo da libertade:
mátano pra que morra,
i el morre pra resucitar.
Iste é o Cristo do pan e do viño
da luz e dos peixes,
do amor,
do traballo,
da loita e da paz.
É o fillo do carpinteiro
que hoxe, eiquí, agora,
leva dúas camisetas polo inverno,
a cotío camiña cos vellos zapatos de Van Gogh,
e cando fala semella que falara
o noso hirmán dos Andes,
o noso irmán, o César
Vallejo desta España
onde tantos pobres Cristos cada mañán
acordan pra se ergueren
i acudir ó escritorio que non queren,
ó traballo que non queren,
á cita que non queren,
á vida que non queren.
(Cando matan un Cristo dises,
un pobre Cristo coma todos nós,
inda que berre coa dor da agonía,
xa pouca vida ten pra darlle a morte,
pois tivo vinte horas cada día,
de morte,
de morte de vivir
unha vida que é morte
cada día.)
Mais aínda así,
iste é o cristo lanzal da libertade:
mátano pra que morra,
i el morre somentes pra voltar con máis vida
e multiplicar con ela
a luz i os peixes,
o amor,
o traballo,
a loita i a paz.
Porque, xa o sabemos, débese multiplicar a vida:
ista vida sumada tristemente
xa non ten xeito humán,
xa é un vello trapo suxo,
xa non sirve ista vida.
Iste Cristo, coma todos nós,
quer unha vida [que] restale ao vento
como mil bandeiras,
unha paz que estale ledamente
un amor sin miserias, máis intenso,
máis forte
máis tenro,
máis limpo:
un amor máis.
Poema escrito en 1971 a
petición de Luís Seoane quen lle
regarala a L.V. o “Cristo dos Traballadores”
Iste é o Cristo da libertade:
mátano pra que morra,
i el morre pra resucitar.
Iste é o Cristo do pan e do viño
da luz e dos peixes,
do amor,
do traballo,
da loita e da paz.
É o fillo do carpinteiro
que hoxe, eiquí, agora,
leva dúas camisetas polo inverno,
a cotío camiña cos vellos zapatos de Van Gogh,
e cando fala semella que falara
o noso hirmán dos Andes,
o noso irmán, o César
Vallejo desta España
onde tantos pobres Cristos cada mañán
acordan pra se ergueren
i acudir ó escritorio que non queren,
ó traballo que non queren,
á cita que non queren,
á vida que non queren.
(Cando matan un Cristo dises,
un pobre Cristo coma todos nós,
inda que berre coa dor da agonía,
xa pouca vida ten pra darlle a morte,
pois tivo vinte horas cada día,
de morte,
de morte de vivir
unha vida que é morte
cada día.)
Mais aínda así,
iste é o cristo lanzal da libertade:
mátano pra que morra,
i el morre somentes pra voltar con máis vida
e multiplicar con ela
a luz i os peixes,
o amor,
o traballo,
a loita i a paz.
Porque, xa o sabemos, débese multiplicar a vida:
ista vida sumada tristemente
xa non ten xeito humán,
xa é un vello trapo suxo,
xa non sirve ista vida.
Iste Cristo, coma todos nós,
quer unha vida [que] restale ao vento
como mil bandeiras,
unha paz que estale ledamente
un amor sin miserias, máis intenso,
máis forte
máis tenro,
máis limpo:
un amor máis.
Poema escrito en 1971 a
petición de Luís Seoane quen lle
regarala a L.V. o “Cristo dos Traballadores”
Re: A tocawebs
Enviado por el día 17 de Enero de 2006 a las 20:17
mátano pra que morra,
i el morre somentes pra voltar con máis vida
e multiplicar con ela
a luz i os peixes,
o amor,
o traballo,
a loita i a paz.
i el morre somentes pra voltar con máis vida
e multiplicar con ela
a luz i os peixes,
o amor,
o traballo,
a loita i a paz.
Re: Re: A tocawebs
Enviado por el día 17 de Enero de 2006 a las 20:26
EMIGRANTES
Centos, miles de galegos
foron a buscar o pan,
fora, lonxe de Galicia,
que perto xa nono hai;
que toda a fariña nosa
non se sabe pra quen vai.
Centos, miles de galegos,
empuxados a emigrar,
oxe viven coas galiñas
porque outra casa non hai
en París, Ginebra, Hamburgo,
en ninguna capital.
Nun galiñeìro d’Europa,
Galicia, tés o teu Lar.
¡Poñamos un galiñeiro
na bandeira de Breogán!
Son boa xente as galiñas,
millor que moitos irmáns:
sua merda é menos merda
si vos poñedes a pensar.
E sendo veciños d’elas
poderánnos crecer ás.
Tataranetos de condes
¿saberán tatarescar
sobor dun pao europeo
os fillos de Breogán?
¿Saberán cacarescar
istes galegos de oxe,
botados por seus irmáns
os banqueiros e almirantes,
os xueces i os capitás?
¡A Patria éche un galiñeiro,
en terra alléa, pra mais!
¡E millor que ser galego
ser porco, cabalo ou cán!
Nun galiñeiro d’Europa
Galicia, tés o teu Lar.
¡Poñamos un galiñeiro
na bandeira de Breogán!
E que cada Casa ilustre
de Galicia, d’oxe en máis,
poña merda de galiña
no seu blasón galiñán.
Mais ouvide ben ó galo,
señorítos galiñás:
un día ou outro, moí cedo,
¡outro galo cantará!
Centos, miles de galegos
foron a buscar o pan,
fora, lonxe de Galicia,
que perto xa nono hai;
que toda a fariña nosa
non se sabe pra quen vai.
Centos, miles de galegos,
empuxados a emigrar,
oxe viven coas galiñas
porque outra casa non hai
en París, Ginebra, Hamburgo,
en ninguna capital.
Nun galiñeìro d’Europa,
Galicia, tés o teu Lar.
¡Poñamos un galiñeiro
na bandeira de Breogán!
Son boa xente as galiñas,
millor que moitos irmáns:
sua merda é menos merda
si vos poñedes a pensar.
E sendo veciños d’elas
poderánnos crecer ás.
Tataranetos de condes
¿saberán tatarescar
sobor dun pao europeo
os fillos de Breogán?
¿Saberán cacarescar
istes galegos de oxe,
botados por seus irmáns
os banqueiros e almirantes,
os xueces i os capitás?
¡A Patria éche un galiñeiro,
en terra alléa, pra mais!
¡E millor que ser galego
ser porco, cabalo ou cán!
Nun galiñeiro d’Europa
Galicia, tés o teu Lar.
¡Poñamos un galiñeiro
na bandeira de Breogán!
E que cada Casa ilustre
de Galicia, d’oxe en máis,
poña merda de galiña
no seu blasón galiñán.
Mais ouvide ben ó galo,
señorítos galiñás:
un día ou outro, moí cedo,
¡outro galo cantará!
Re: Re: A tocawebs
Enviado por el día 17 de Enero de 2006 a las 20:27
Son boa xente as galiñas,
millor que moitos irmáns:
sua merda é menos merda
si vos poñedes a pensar.
millor que moitos irmáns:
sua merda é menos merda
si vos poñedes a pensar.
Re: Re: Re: Re: A tocawebs
Enviado por el día 11 de Febrero de 2006 a las 19:52
Dirache, come e bebe, meu amigo,
disfroita dos meus teres canto queiras;
mais o seu pensamento non concorda,
de boca afora serán as súas verbas,
pois o seu corazón, cativo e duro,
ten de cotío pechas
as fenestras do amor e da xusticia.
Non o esquezas.
disfroita dos meus teres canto queiras;
mais o seu pensamento non concorda,
de boca afora serán as súas verbas,
pois o seu corazón, cativo e duro,
ten de cotío pechas
as fenestras do amor e da xusticia.
Non o esquezas.